Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicación das listaxes definitivas coa relación de alumnado admitido con praza adxudicada, a listaxe de agarda e a listaxe de solicitudes excluídas

Cando:

7 de xuño de 2023

O prazo de matrícula será desde o 12 ata o 16 de xuño

Estas listaxes están elaboradas seguindo o procedemento exposto na cláusula V das bases reguladoras: A orde de adxudicación das prazas será o seguinte:

  • En primeiro lugar, obterán praza nas escolas solicitadas os/as nenos/as empadroados/as no Concello da Coruña.
  • En segundo lugar, de existir prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillos/as de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no Concello da Coruña.
  • En terceiro lugar, poderán acceder nenos e nenas doutros concellos.

As solicitudes de nenos/as empadroados/as fóra do concello aparecen ao final da listaxe en sombreado amarelo.

O prazo de matrícula será desde o 12 ata o 16 de xuño.

A matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM. A persoa solicitante admitida deberase dirixir á escola asignada e presentar a seguinte documentación:

• Carta sanitaria do/a neno/a

• Carta de vacinas da/ou nena/ou

• De ser o caso, informe médico sobre alerxias ou intolerancias

• Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude e do dereito á praza e ofertaráselle á seguinte persoa solicitante en listaxe de agarda por rigorosa orde de puntuación.

MÁIS INFORMACIÓN EN Educación

Proxectos educativos

Documentos relacionados

  • EIM A Caracola (198 KB)
  • EIM Agra do Orzán (189 KB)
  • EIM Arela (546 KB)
  • EIM Carricanta (206 KB)
  • EIM Os Rosales (172 KB)
  • EIM Luis Seoane (170 KB)
  • EIM Monte Alto (166 KB)
  • EIM Os Cativos (148 KB)
  • Excluídas (179 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión