17 de setembro de 2025
Ofértanse un total de 91 prazas. O prazo de solicitude permanecerá aberto do 18 de setembro ao 1 de outubro, ambos os días incluídos.
O Concello da Coruña publicou hoxe, mércores 17 de setembro, a relación de prazas vacantes que se ofertan para a convocatoria extraordinaria de setembro da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.
O prazo de solicitude abrirase mañá, xoves 18 de setembro, e permanecerá aberto ata o próximo 1 de outubro.
Esta convocatoria extraordinaria permitirá solicitar as prazas vacantes dispoñibles en sete das oito escolas que forman parte da Rede (a EIM A Caracola non dispón de prazas vacantes).
En total, ofértanse 91 prazas distribuídas tal e como se indica na seguinte táboa:
| Escola | 0-1 anos (2025) | 1-2 anos (2024) | 2-3 anos (2023) | Total de prazas vacantes |
|---|---|---|---|---|
| EIM A Caracola | 0 | 0 | 0 | 0 |
| EIM Agra do Orzán | 0 | 2 | 5 | 7 |
| EIM Arela | 0 | 0 | 12 | 12 |
| EIM Carricanta | 0 | 0 | 7 | 7 |
| EIM Os Rosales | 3 | 0 | 16 | 19 |
| EIM Luis Seoane | 0 | 0 | 2 | 2 |
| EIM Monte Alto | 0 | 0 | 5 | 5 |
| EIM Os Cativos | 11 | 6 | 22 | 39 |
| Total | 14 | 8 | 69 | 91 |
Unha vez finalizado o prazo de solicitude publicaranse as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas o día 31 de outubro.
As persoas interesadas en solicitar praza nas EIM poderán facelo a través do formulario habilitado para ese efecto: https://edu.coruna.gal/infantil/solicitude/solicitude_publica_reim/
Máis información sobre o proceso de admisión: Proceso de admisión
Eventos relacionados
Proxectos educativos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible