6 de mayo de 2025
DESCARGA AQUÍ as listaxes provisionais de Idiomas do Mundo 2025 (449 KB)
Ábrese un prazo de dez días para presentar reclamacións, paso previo á publicación da listaxe definitiva de persoas beneficiarias, que terán a oportunidade de desfrutaren dunha estadía dun mes en Irlanda este verán
Hoxe publicáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no programa municipal Idiomas do Mundo 2025, unha iniciativa coa que o Concello facilita que 32 alumnas e alumnos de centros educativos da cidade gocen este verán dunha estadía de inmersión lingüística dun mes en Irlanda.
De cara á edición deste ano, o Concello recibiu un total de 78 solicitudes, das que 15 foron excluídas por non se axustaren ás bases establecidas ou, por outra banda, non completaren a documentación requirida. Agora, con 32 persoas admitidas, hai outras 31 na listaxe de agarda, que optan así a cubrir posibles baixas ou renuncias.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, lembrou que "a partir de hoxe ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións, ata o martes 20 de maio". Tras este período, e unha vez avaliadas as alegacións, publicaranse as listaxes definitivas desta edición de Idiomas do Mundo.
O programa, orientado a estudantes coruñeses que están a cursar o primeiro ano de Bacharelato, desenvolverase durante o vindeiro mes de agosto. Ao longo da súa estadía en Irlanda, as alumnas e alumnos beneficiarios desta convocatoria convivirán cunha familia nativa e asistirán tamén a clases nunha escola de idiomas; participarán, ademais, en diversas actividades culturais e de ocio.
Idiomas do Mundo, un programa financiado ao 100% polo Concello da Coruña
Cun orzamento de case 150.000 euros, o programa municipal Idiomas do Mundo está financiado ao cento por cento polo Concello da Coruña, que asume entre o 65% e a totalidade do custo das prazas, en función dos ingresos de cada familia.
Segundo a baremación provisional, nesta convocatoria serán 23 as prazas cubertas ao 100% polo Concello, que asume os gastos de desprazamento, a estadía en Irlanda do alumnado beneficiario, as actividades escolares e extraescolares durante o mes completo, o custo dos/as monitores/as e educadores/as que acompañan as persoas seleccionadas e tamén o seguro que cobre calquera incidencia eventual que se dea no transcurso da estadía.
A través deste programa, o Goberno de Inés Rey ofrécelle ao alumnado coruñés a oportunidade de perfeccionar o dominio do inglés e coñecer máis polo miúdo outras culturas. Ademais, os/as estudantes obterán un certificado oficial do nivel acadado, segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Para isto, o Concello promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.
Programa al que pertenece
El programa ofrece la oportunidad de perfeccionar el dominio de idioma inglés y profundizar en el conocimiento real de otra cultura, obteniendo además un certificado oficial del nivel alcanzado según el Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas (MCERL).
Más informaciónLo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible