Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicados as listaxes definitivas do programa BOLSAS CANADÁ 2023-24

Cando:

14 de marzo de 2023

O prazo para aceptar a praza é do 15 ao 21 de marzo, ambos os días incluídos

As persoas seleccionadas disporán dun prazo de 5 días hábiles para aceptar a praza, contados a partir do día seguinte ao de publicación das listaxes, que deberá ser comunicada por escrito ao Servizo Municipal de Educación a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracinoes Públicas. Transcorrido dito prazo, sen que se produza tal comunicación, entenderase que renuncia a participar no programa.

No caso en que presenten a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: educacion@coruna.gal dentro do prazo de aceptación.

As persoas participantes, incluídas na listaxe de agarda, substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.

Programa ao que pertence

  • Bolsas CANADÁ 2023-24

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Listaxe definitiva Bolsas Canadá (278 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión