Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publícase a lista de alumnado admitido e non admitido nas escolas infantís municipais para o curso 2022/2023

Cando:

26 de abril de 2022

Fronte a esta lista ábrese un prazo de 10 días, do 26 de abril ao 9 de maio, para que, no caso que corresponda, se emende a documentación presentada. De non facelo, darase por desistida a petición.

Consulta a Lista de alumnado admitido e non admitido nas escolas infantís municipais para o curso 2022/2023

Trátase dunha primeira lista na que se estipula se as solicitudes presentadas están ou non admitidas, en base aos criterios esixidos e á documentación obrigatoria xustificada. Unha vez finalizado o prazo de emendas, que comprende do 26 de abril ao 9 de maio, publicarase a lista provisional de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM).

Inicio do curso escolar 2022/2023

Pola súa banda, confirmouse a data de inicio do curso 2022/2023. Será o 6 de setembro.

Máis información en: Proceso de admisión na REIM

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión