8 de abril de 2022
O prazo para presentar alegacións comprende do 8 ao 25 de abril
A instrución do procedemento de adxudicación das prazas convocadas para o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA X correspóndelle ao Servizo Municipal de Educación, que recibirá as solicitudes e comprobará os requisitos esixidos e a documentación acreditativa destes.
Unha vez revisada a documentación recibida, publícase a lista provisional de persoas admitidas e non admitidas [ BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA X: lista provisional de persoas admitidas e non admitidas ], con indicación da causa que motiva esta circunstancia.
Dez días hábiles para emendas
Fronte a esta lista provisional ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir da publicación para que se emende a falta ou se presenten (por rexistro) os documentos requiridos. De non facelo, entenderase por desistida a petición.
Proceso de selección
Unha vez recibidas e resoltas as emendas, publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e non admitidas nesta convocatoria.
Solicitaráselles aos centros educativos do consorcio a documentación das persoas admitidas de cada centro (o certificado do expediente académico e o informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente) para a súa valoración. A "Comisión de valoración", formada segundo a cláusula 10 das bases, valorará os méritos e concederá as 14 bolsas do Proxecto Acoreuropa X, tal como se recolle na cláusula 11 das devanditas bases.
Programa ao que pertence
Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible