Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

"Pulgarcito"

Cando:

Dende o 08/11/2018 ata o 09/11/2018

Horario:

9:30 h e 11:30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Función dirixida ao alumnado de 2º e 3º ciclo de EP, a cargo da compañía vasca Teatro Paraíso.

Os clásicos sono pola súa capacidade de resultar contemporáneos en calquera tempo. "Pulgarcito" é un conto no que un neno miúdo e enxeñoso salva a todos os seus irmáns e á súa familia, despois de que os seus pais desesperados tivesen que abandonalos no bosque por falta de recursos.

Son varios os temas que Perrault aborda na súa versión do conto e, sen dúbida, un deles é o do abandono. Nós presentamos o conto privilexiando este tema e contextualizándoo nunha situación que non deixará de reclamar paralelismos coa sociedade actual.

Quen busque o "Pulgarcito" de Perrault achará o que busca, como tamén o fará quen desexe atopar unha visión nova e estimulante. Divertido para as nenas e os nenos e conmovedor para as persoas adultas (aínda que talvez resulte o contrario), presentamos o conto a través da relación dun fillo co seu pai. E é por iso que este é un espectáculo especialmente ideado para pais/nais e fillos/as.

Segundo se di, os contos inventáronse para durmir as/os nenas/os e espertar as persoas adultos, pero, e se os pais fosen os nenos e os fillos os adultos?

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?