Concello da Coruña

Concello da Coruña

REIM: Publicadas as listaxes provisionais de admisión

Cando:

12 de xullo de 2023

Ábrese un prazo de emendas e alegacións do 13 ao 19 de xullo

Finalizado o prazo de solicitude de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante), publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas, coa proposta das puntuacións obtidas conforme ao baremo que figura nas bases, así como de solicitudes excluídas do proceso, indicando a causa de exclusión.

A partir desta publicación, ábrese un prazo de emendas da documentación e alegacións desde o xoves 13 de xullo, e que permanecerá aberto ata o mércores 19 do mesmo mes de xullo. A falta de presentación dalgún dos documentos obrigatorios dentro do prazo de presentación e emenda suporá a exclusión do proceso.

Listaxes definitivas a partir do 26 de xullo

A publicación das listaxes definitivas será o mércores 26 de xullo, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o xoves 27 e o venres 28 de xullo.

Documentos relacionados

  • Listaxes provisionais (convocatoria xuño) (220 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión