Concello da Coruña

Concello da Coruña

Representantes do CLIAC participarán no III Encontro Galego de Consellos de participación Infantil e Adolescentes

Cando:

15 de novembro de 2023

O evento, organizado por UNICEF, terá lugar no Carballiño este fin de semana

Esta fin de semana, catro integrantes do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) participarán no III Encontro Galego de Consellos de participación Infantil e adolescentes, organizado por UNICEF, no Carballiño.

A xornada empezará ás 10.00 horas do sábado e terminará o domingo ás 15.30 horas. Durante ese tempo traballarase, como temática central, na protección e a prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia, no marco da actividade "O mural dos dereitos" proposta por Cidades Amigas da Infancia para celebrar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro).

Aquí poderás atopar máis información sobre esta iniciativa de UNICEF.

Programa ao que pertence

  • Consello Local da Infancia da Coruña

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do Concello.

    Máis información
  • III Encontro Galego de Consellos de participación Infantil e Adolescentes

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión