Concello da Coruña

Concello da Coruña

Reunión informativa do programa "Vai a Banda 2025-26"

Concellos:

De calquera concello

Cando:

21/10/2025

Xa rematou

Horario:

Ás 17.00 horas

Organiza:

Banda Municipal de Música

Contacto:

Banda Municipal de Música

banda@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 58037

Organiza:

Banda Municipal de Música

A reunión, dirixida ao profesorado e os centros interesados en participar no programa, terá lugar o martes 21 de outubro, ás 17.00 horas, no Coliseum.

O vindeiro martes 21 de outubro, ás 17.00 horas, realizarase, no Coliseum da Coruña, unha reunión informativa dirixida ao profesorado e os centros interesados en participar no programa educativo Vai a Banda 2025-26 .

Este programa permitiralle ao alumnado de educación primaria e educación especial dos centros da cidade, participar, como oínte ou activamente, nunha sesión/concerto da Banda Municipal de Música.

Os centros educativos doutros concellos próximos (Oleiros, Culleredo, Sada, Betanzos...) tamén poderán participar, aínda que terán preferencia os centros da Coruña.

No que respecta ao prazo de inscrición, permanecerá aberto entre o mércores 22 de outubro e o venres 7 de novembro.

Máis información e inscricións na páxina do programa: Vai a Banda 2025-26

Programa ao que pertence

  • Vai a Banda 2025-26

    O programa, titulado "Unha banda de película", consta dun total de 14 sesións para escolares, que se levarán a cabo no Centro Sociocultural Ágora.

    O alumnado asistirá a unha sesión na que participará nun concerto en modalidade de oínte ou activo, neste último caso compartindo escenario co profesorado da Banda Municipal.

    Trátase dunha actividade que supoñerá unha experiencia inesquecible para o alumnado participante, á vez que contribuirá á súa formación.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión