Dende o 10/01/2025 ata o 20/02/2025
Rúa Rúa José María Hernansáez (Castrilón) 11, Bj. 15009 A Coruña
Para que esta experiencia adquira todo o seu significado, a escola necesita a participación e colaboración das familias.
A Escola Infantil Municpal Carricanta celebra, como cada ano, durante parte do mes de xaneiro e febreiro, "As semanas de Paz", onde toda a escola se afana nunha experiencia creativa e lúdica, chea de maxia, sorpresas e cor.
Nesta proposta, baseada no proxecto de paz "Con moitas mans faremos un mundo de cor", a imaxinación e a creatividade veñen da man duns personaxes moi especiais. Eles son os encargados de lles facer vivir aos nenos e ás nenas unha infinidade de aventuras e facer deste tempo un momento inesquecible.
Participación das familias
Para que esta experiencia adquira todo o seu significado, a escola necesita a participación e colaboración das familias. Para iso lanza unha serie de propostas que se poden consultar na noticia correspondente: A EIM Carricanta prepárase para celebrar "As semanas de Paz"
Ademais, durante o mes de febreiro realizaranse os "Encontros de Paz con familias". Concretamente, as datas serán as seguintes:
Co fin de poder organizar ben os encontros, as persoas interesadas deben apuntarse na secretaría da escola ou a través do correo electrónico ata o día 28 de xaneiro. As sesións desenvolveranse na sala de usos múltiples (entrada polo portalón de abaixo) e soamente poderá acudir unha persoa adulta por neno ou nena.
Entidades
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible