Só da Coruña
Alumnado de Educación Primaria (6 a 12 anos) de colexios públicos, concertados e privados da cidade (pódense mesturar nenas e nenos de diferentes clases e grupos dentro dun mesmo centro de ensino).
23/05/2026
Dende o 01/04/2026 ata o 08/05/2026
Inscricións ata o venres 8 de maio, a través do correo electrónico educacion@coruna.gal, indicando:
O torneo está dirixido ao alumnado dos colexios públicos, concertados e privados da Coruña de entre 6 e 12 anos. Celebrarase o sábado 23 de maio na Praza de María Pita .
O torneo de xadrez escolar "pequenos xigantes", promovido polo Concello da Coruña, é unha idea orixinal da Fundación RMD e da Asociación Chess4aBetterWorld.
Está dirixido ao alumnado dos colexios públicos, concertados e privados da Coruña de entre 6 e 12 anos, que participarán en equipos de entre 3 e 6 compoñentes (ata un máximo de 32 equipos). En cada equipo pódense mesturar nenas e nenos de diferentes clases e grupos dentro dun mesmo centro de ensino.
O torneo celebrarase o sábado 23 de maio na praza de María Pita, en horario de 09:15 a 16:30 horas.
Máis información na páxina do programa: Torneo de xadrez escolar "pequenos xigantes"
Programa ao que pertence
O Torneo de xadrez escolar "pequenos xigantes", organizado polo Concello da Coruña, é unha idea orixinal da Fundación Recuperación Materiais Diversos (RMD) e da Asociación Chess4aBetterWorld.
O torneo ten como un dos seus obxectivos transmitir os valores de respecto e coidado do medio ambiente. Por elo, a final do torneo levará a cabo sobre un taboleiro de xadrez xigante realizado mediante a reciclaxe de 50 pneumáticos fóra de uso.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible