25 de abril de 2025
Na edición deste ano participaron un total de 3.195 escolares de 25 centros educativos.
O alumnado de 5 anos (6.º de EI) do CEIP Anxo da Garda e do CEIP Sal Lence participou hoxe, venres 25 de abril, nas últimas rutas escolares do programa Rutas urbanas animadas 2024-25 , organizado polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos.
Nesta ocasión, os nenos e nenas participaron na actividade "Un museo ao aire libre", que se desenvolve polos xardíns de Méndez Núñez, máis concretamente na zona do "recheo", onde se coñecen os elementos que se atopan nel, mediante unha metodoloxía de observación e exploración do medio urbano, utilizando o xogo como ferramenta para a adquisición de comportamentos cívicos.
Nesta edición, que arrincou o pasado 7 de marzo, participaron un total de 3.195 escolares de 25 centros educativos, distribuídos en 154 grupos. Os lugares visitados foron, ademais dos Xardíns de Méndez Núñez, a praza de María Pita e o parque de Santa Margarida.
Programa ao que pertence
Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible