Concello da Coruña

Concello da Coruña

UNICEF premia ao Concello da Coruña pola aplicación dunha estratexia innovadora de participación infantil e adolescente no desenvolvemento do proxecto 'O Noso Patio'

Cando:

26 de outubro de 2018

O goberno local saúda o novo recoñecemento á iniciativa, impulsada pola comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte

O proxecto participativo O Noso Patio, impulsado pola comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte e posto en marcha coa colaboración do Concello, vén de recibir un premio no IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF pola aplicación dunha estratexia innovadora de participación infantil e adolescente no seu desenvolvemento.

A iniciativa, que recibiu na pasada primavera un dos tres premios da I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura Ludantia, suma así un novo recoñecemento, que neste caso se dirixe ao executivo municipal, "por impulsar o benestar da infancia e da adolescencia", segundo destaca o Comité Estatal da entidade. Tanto a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, como a de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, mostraron esta mañá a súa satisfacción polo galardón, que se outorgará o vindeiro mes de novembro en Oviedo, e salientaron "o compromiso do executivo municipal tanto coa educación pública como coa implantación de políticas que aposten pola participación activa da veciñanza na transformación da súa contorna".

Durante os últimos meses de 2016, e a proposta do propio consello escolar do CEIP Sanjurjo de Carricarte, o goberno local, a través das áreas de Participación e Innovación Democrática e a de Xustiza Social e Coidados, iniciou un proceso participativo con toda a comunidade do centro --alumnado, nais e pais e profesorado-- co obxectivo de definir as melloras que precisaba o patio do equipamento, que se comezaron a implantar ao longo do pasado ano. Neste exercicio, introducíronse novas bancadas e unha área de xogos infantís de madeira no recinto.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión