11 de maio de 2021
O vindeiro luns 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora Xela Arias
Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.
Para conmemorar este día, facemos unha breve escolma de actividades sobre a figura de Xela Arias:
Contádenos o voso Día das Letras
A Real Academia Galega mantén aberto ata o vindeiro 4 de xullo o prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado ao abeiro do proxecto Primavera das Letras. A convocatoria está dirixida a todos os centros escolares que impartan educación infantil e primaria, e ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.
Os participantes deberán compartir os seus traballos relacionados con Xela Arias, a escritora, editora e tradutora á que a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2021. Cada centro poderá presentar o proxecto ou os proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc. A RAG sorteará varios lotes de libros entre os centros concursantes, que recibirán un diploma de participación.
Consulta aquí as bases do concurso con todos os detalles.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible