Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Yoya Neira e Juan Ignacio Borrego recibiron hoxe en María Pita o alumnado do Instituto Arxentino-Galego ‘Santiago Apóstol’, de Bos Aires

Cuándo:

14 de septiembre de 2023

Dezaoito rapazas e rapaces do centro educativo bonaerense visitaron o Palacio Municipal, no marco da viaxe de estudos que están levando a cabo este mes en Galicia

O Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita acolleu este xoves o acto de recepción ao alumnado do Instituto Arxentino-Galego 'Santiago Apóstol', de Bos Aires. A visita, na que tomaron parte 18 rapazas e rapaces e dúas docentes, contextualízase no marco da estadía que o alumnado do centro educativo arxentino está levando a cabo en Galicia neste mes de setembro.

Neste sentido, a concelleira da Área municipal de Benestar Social, Yoya Neira, acompañada polo concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, recibiu as e os viaxeiros lembrando "os fortes lazos, históricos e culturais, que unen a Galicia con Latinoamérica".

Ademais, o alumnado do 'Santiago Apóstol' tivo a ocasión de efectuar unha visita guiada polo interior do Palacio Municipal de María Pita, onde coñeceu as diversas dependencias do edificio.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión