Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo necesidade de atención ao alumnado pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
Horario: de luns a venres de 07:30 h a 09:00 h. Recepción de alumnado con almorzo, de 07:30 h a 08:15 h. Recepción de alumnado sen almorzo, de 08:00 h a 08:15 h
Inscrición: no mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte
Titularidade: Servizo Municipal de Educación
Servizo de comedor:
Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h
Inscrición: na ANPA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte.
Titularidade: programa xestionado pola Federación Provincial das ANPAs dos centros públicos da Coruña
Deporte no centro:
Actividades físico-deportivas, realizadas fóra do horario lectivo nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura. Dúas horas alternas á semana entre as 16.00 e as 18.00 h do 1 ou 15 de outubro ao 15 de xuño.
Inscrición na ANPA do centro
O programa xestiónao a Federación Provincial das ANPA dos centros públicos da Coruña a través dun convenio co Servizo Municipal de Educación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible