Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Competencias do Concello nos colexios públicos:
Vixilancia (conserxe)
Climatización (calefacción)
Mantemento, conservación do edificio e limpeza
Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):
Profesorado
Infraestruturas e obras
Niveis educativos:
Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos)
Educación primaria (6-12 anos)
Centro integrado na Rede de Centros Plurilingües de Galicia
Aulas de informática:
Aula de Informática da Xunta
Actividades extraescolares:
Servizo de comedor:
Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h
Inscrición: na ANPA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte.
Titularidade: programa xestionado pola Federación Provincial das ANPAs dos centros públicos da Coruña
Luditarde:
Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática.
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria
Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño
Inscrición: na ANPA do centro. A finais do curso anterior e na primeira quincena de setembro. Antes do 22 de cada mes, para comezar o mes seguinte
Titularidade: programa xestionado pola Federación Provincial das ANPAs dos centros públicos da Coruña a través dun convenio co Servizo Municipal de Educación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible