Alumnado de 2 a 3 anos das escolas que forman parte da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) e alumnado de EI e EP dos CEIP da cidade.
14/06/2026
De 10.00 a 12.00 horas
O domingo 14 de xuño, de 10.00 a 12.00 horas, a explanada do Pavillón de deportes de Riazor transformarase nun grande escenario de xogo organizado en varias estacións temáticas.
O Concello da Coruña súmase á conmemoración do Día Internacional do Xogo coa celebración, o domingo 14 de xuño, dunha xornada lúdica cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.
O evento desenvolverase na explanada do Pavillón de Deportes de Riazor, de 10.00 a 12.00 horas. O espazo transformarase, de maneira temporal, nun grande escenario de xogo para o alumnado de 2 a 3 anos das escolas da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM). O Servizo de Educación dispoñerá un servizo de autobuses gratuíto para as escolas para os seus desprazamentos a Riazor.
Máis información na páxina do programa: Día Internacional do Xogo 2025-2026
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña súmase á celebración do Día Internacional do Xogo cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.
O Día Internacional do Xogo é unha xornada proclamada oficialmente pola ONU (https://www.un.org/es/observances/international-day-of-play ), que se realiza anualmente o 11 de xuño, para destacar a importancia de preservar, promover e darlle prioridade ao xogo para que todas as persoas, especialmente os nenos e as nenas, poidan cultivar os seus froitos e desenvolver todo o seu potencial.
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible