Concello da Coruña

Concello da Coruña

A EIM Monte Alto celebra o Día das Letras Galegas 2025 cunha "foliada miudiña"

Cando:

9 de maio de 2025

Haberá música en directo e sorteo de produtos do barrio.

A Escola Infantil Municipal de Monte Alto e a ANPA Titongo organizan, o vindeiro xoves 15 de maio, ás 17.30 horas, unha foliada chea de música, ritmo e comunidade para celebrar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás nosas "cantareiras" que tanto fixeron pola transmisión oral.

A festa, que se celebrará no patio exterior da EIM Luís Seoane (rúa Vixía, s/n), estará amenizada por un cuarteto tradicional formado por algúns pais e nais da escola. Ademais, sortearanse máis de 300 € en produtos "do barrio" achegados de forma altruísta polos comerciantes de Monte Alto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión