25 de abril de 2025
A sesión será presentada e orientada polo equipo de profesionais de APAE (Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo).
O vindeiro xoves 22 de maio, ás 16.00 horas, a Escola Infantil Municipal de Monte Alto organiza unha charla-coloquio, dirixida aos pais e nais da escola, sobre o desenvolvemento da linguaxe oral.
A sesión, que terá unha duración aproximada dunha hora, estará presentada e orientada polo equipo de profesionais de APAE (Atención Psicopedagógica e Apoio Educativo). Trataranse temas como a identificación de signos de alarma, hábitos estimuladores por parte das familias e xogos de estimulación.
É necesario confirmar asistencia na propia escola, a través de correo electrónico (ei.montealto@hotmail.com) ou a través do teléfono 981 201 223.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible