15 de abril de 2025
Trátase dunha gala solidaria na que participan varios centros escolares do concello e que se enmarca no proxecto de Cidadanía Global "Fitas do Vento", ponte entre escolas galegas e africanas.
O vindeiro xoves 24 de abril, ás 18.30 horas, a Sede Afundación (rúa Cantón Grande, 8) acolle o Festival Solidario Fitas do Vento, unha gala solidaria (a entrada é libre) que se enmarca no proxecto de Cidadanía Global "Fitas do Vento", ponte entre escolas galegas e africanas.
Entre os centros participantes neste encontro de conexión entre educación, cultura e solidariedade, atópanse as Escolas Infantís Monte Alto e Arela, así como outros centros escolares do Concello da Coruña.
Durante o acto, compartiranse experiencias, voces, músicas e soños que cruzan océanos e continentes. En definitiva, trátase dun compromiso educativo por transformar o mundo, nunha cidadanía global entre escolas galegas e africanas.
Entidades
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible