2 de maio de 2025
O taller, gratuíto e de dúas horas de duración, será impartido por Raúl Rodríguez, experto en procesos e activista en temas de coidados e corresponsabilidade, e terá lugar o próximo 15 de maio na escola.
A EIM A Caracola organiza o vindeiro xoves 15 de maio, das 16.00 ás 18.00 horas, unha proposta de formación para familias baixo o título "Ser pai e estar presente".
Trátase dun taller gratuíto, de dúas horas de duración, no que Raúl Rodríguez (@raulprocesos), experto en procesos e activista en temas de coidados e corresponsabilidade cun longo currículo en formación de programas centrados no papel dos homes nos coidados e na crianza, incidirá nas claves para entender como ha de ser ese papel de proxenitores comprometidos nesta tarefa tan complexa e que non perpetuemos o modelo de crianza actual que xa sabemos leva tempo fallando.
Dende a escola convidan a acudir a todas aquelas persoas interesadas no tema, logo da inscrición previa a través do correo inscripcion@acaracola.com
Máis información sobre o taller
"Ser pai e estar presente" convida a reflexionar sobre a paternidade desde dous eixes:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible