Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Luns de 08:45 h a 14:15 h e de 15:20 h a 17:00 h. Martes a venres de 08:45 h a 14:15 h
Comedor:
Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h
Extraescolar:
Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h
Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Niveis educativos:
Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-5 anos).
Educación Primaria (6-12 anos).
ESO.
Actividades extraescolares
Deporte no Centro:
Descrición: actividades físico-deportivas nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura.
Destinatarios: alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Horario: dúas horas alternas á semana entre as 16:00 h. e as 18:00 h. do 1 ó 15 de outubro a 15 de xuño.
Inscrición: en APA do centro.
Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación.
Admisión de alumnos:
Necesítase un informe que demostre que ese neno necesita un centro específico. Os pais poden acudir directamente ao centro e alí informaráselle de todo e mostraránselles as instalacións.
Datos de interese:
Colexio de carácter mixto, para nenos (3-21 anos) xordos ou deficientes auditivos contando con 3 sectores de atención:
Integración total.
Integración combinada.
Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías dela Audición e a Linguaxe (CRE-PAL).
Dispoñen tamén dun servizo de Atención Temperá para nenos de 0 a 5 anos.
É o único centro de Galicia que ten a ESO completa para nenos con deficiencias auditivas.
Ten ademais aloxamento na residencia do Burgo para os nenos que son de fóra da Coruña.
Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL):
Atención a alumnos desde os 0 anos con problemas de audición e/ou linguaxe, con expreso permiso da administración educativa, en réxime ambulatorio e en horario de 15:00 h. a 20:00 h. en sesións de media hora para aqueles alumnos escolarizados en centros docentes da zona ou comarca.
Control audiométrico e control de rendemento dos audífonos por medio de campo libre.
Atención rehabilitadora de implantes cocleares.
Préstamo de bibliografía especializada a profesores de zona ou comarca.
Información e mostra de aparellos e materiais específicos para a rehabilitación da linguaxe e audición a profesorado de zona e comarca.
Información e cesión a Colexios da zona e comarca de programas informáticos especialmente indicados para esta rehabilitación previo compromiso dunha avaliación de tipo trimestral dos rendementos e posibilidades da aplicación e posibles melloras dos programas achegados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible