Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxectos educativos da EIM Luis Seoane

Proxectos educativos da Escola Infantil Municipal Luis Seoane.

Aprendendo con maiores

Mediante este proxecto, pretendemos promover e facilitar as relacións interpersoais entre os maiores e os/as nenos/as.

Dámoslles aos nosos maiores a oportunidade de participar e contribuír coa súa experiencia na realización de actividades en beneficio para os nenos e nenas.

En movemento

Desenvólvese na aula de bebés, enfocado á estimulación sensoriomotriz, con xogos, música, relaxación, ...respectando o proceso madurativo de cada bebé.

Arte na vida

Desenvólvese nas aulas de 1 ano, percorrendo todas as áreas a través da arte, tanto da arte plástica como da musical... xa que en todas as cousas da vida hai arte.

Pequenos exploradores

Desenvólvense nas aulas de 2 anos a través da investigación e exploración da contorna e percorrendo tamén todas as áreas coa contribución das familias, tratando de que a aprendizaxe sexa sempre divertido e sinxelo.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión