20 de abril de 2026
75 estudantes e 11 docentes de 11 centros educativos participaron nesta V edición do programa, á que se presentaron un total de 19 proxectos.
O programa educativo V Concurso Imaxina Coruña 2025-26 , unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria, pechou o pasado sábado 18 de abril a súa V edición coa celebración da Feira de Ideas na Domus. Unha xornada de portas abertas na que se deron a coñecer os 19 proxectos que participaron nesta edición, detrás dos cales se atopan un total de 75 estudantes e 11 docentes de 11 centros educativos da cidade e a área metropolitana.
No evento entregáronselles os premios aos equipos gañadores, tras a revisión dos proxectos en base aos criterios de valoración descritos nas bases do concurso. O xurado estivo formado polas seguintes persoas:
Tras a revisión dos 19 proxectos presentados, decidíronse outorgar os seguintes premios:
Premios ás tres categorías: sustentabilidade, innovación e compromiso social, consistentes nunha viaxe para cinco persoas para participar na feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, e cheque regalo por importe de 500 € para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
A xornada completouse co espectáculo de divulgación científica "Cienceando", a cargo do comunicador científico David Ballesteros.
Programa ao que pertence
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónDocumentos relacionados

Premio ao mellor vídeo: "EcoShell-E. Por unhas praias máis limpas", do CPR Franciscanas
Premio ao mellor vídeo: "EcoShell-E. Por unas playas más limpias", do CPR Franciscanas

Mención especial polo seu carácter singular: "Cámara escura e impresión fotográfica en cianotipo", do CPR Escravas do Sacro Corazón de Jesús
Mención especial polo seu carácter singular: "Cámara escura e impresión fotográfica en cianotipo", do CPR Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús

Premio á sustentabilidade: "Baterías recargables", do CPR Escravas do Sacro Corazón de Jesús
Premio á sustentabilidade: "Baterías recargables", do CPR Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús

Premio á innovación: "Deseño dun bioplástico con base de algas", do CPR Salesianos Juan Bosco
Premio á innovación: "Deseño dun bioplástico con base de algas", do CPR Salesianos Juan Bosco

Premio ao compromiso social: "Luz e auga", do IES Isaac Díaz Pardo
Premio ao compromiso social: "Luz e auga", do IES Isaac Díaz Pardo

Espectáculo científico "Cienciando", a cargo de David Ballesteros
Espectáculo científico "Cienciando", a cargo de David Ballesteros
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible