14 de novembro de 2025
Trátase dunha actividade que forma parte do programa de Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais.
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto viviu, o pasado mércores 12 de novembro, unha xornada moi especial chea de maxia e música.
Os nenos e nenas de 0 a 3 anos da escola puideron gozar de "A nena e os tres osos", un espectáculo cheo de encanto e de emoción representado polo grupo Migallas Teatro.
Esta actividade forma parte do programa Fomento da lingua galega nas Escolas Infantís Municipais 2025-26 , do Servizo de Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo durante o mes de novembro e que ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.
Programa ao que pertence
O programa ten como obxectivo o fomento e a dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseándose no Plan xeral de normalización da lingua galega.
Máis informaciónEntidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible