Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A cidade de María Pita 2020-21

Itinerario: Casa Museo María Pita - praza de Cortadoría - Xardín de San Carlos - praza de Azcárraga - Porta de Aires

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón.

Inicio: as/os participantes apearanse do transporte na parada de autobuses da Mestranza.

Final: o transporte recollerá as persoas participantes na parada de autobuses de Porta Real.

*No caso de haber dous grupos realizando de forma simultánea o itinerario, un deles apearase no inicio e o outro grupo na parada final.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

Obxecto:

  • Coñecer e situar nun marco histórico e espacial a figura de María Pita e a súa participación no asedio da cidade de 1589, valorando o papel dos homes e das mulleres na defensa da liberdade.
  • Desenvolver a curiosidade pola historia e os feitos ocorridos na cidade onde vivimos, recoñecendo a importancia dos espazos expositivos como lugares de aprendizaxe.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico e artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º e 4.º de EP

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa

Quen foi en realidade María Pita? Unha muller defensora dos seus dereitos ou unha muller na procura da liberdade da súa cidade? Ou talvez é María Pita unha lenda da nosa cidade?

O nome de María Pita escríbese con letras de ouro na historia. A praza máis importante da cidade, unha estatua, unha Casa Museo e o recoñecemento da maior parte da poboación coruñesa, pero... que foi realmente? Un percorrido pola Cidade Vella trasladaranos a coñecer esta muller.

Metodoloxía

A través dun pequeno caderno as/os escolares realizan actividades coa figura de María Pita e a cidade encamiñadas a coñecer o noso patrimonio histórico.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Casa Museo María Pita, un museo para a historia (visita ao interior)
  • Parada 2: praza de Cortadoría: a sociedade do século XVI. Quen vivía na cidade?
  • Parada 3: Xardín de San Carlos: as defensas
  • Parada 4: Porta de Aires: onde María Pita se converteu nunha heroína
  • Parada 5: estatua de María Pita

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión