Itinerario: Casa Museo María Pita - praza de Cortadoría - Xardín de San Carlos - praza de Azcárraga - Porta de Aires
Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón.
Inicio: as/os participantes apearanse do transporte na parada de autobuses da Mestranza.
Final: o transporte recollerá as persoas participantes na parada de autobuses de Porta Real.
*No caso de haber dous grupos realizando de forma simultánea o itinerario, un deles apearase no inicio e o outro grupo na parada final.
Duración: 90 minutos
Educación
Complementaria
Só da Coruña
Privado, Público, Concertado
Alumnado de 3.º e 4.º de EP
Véxanse as condicións xerais do programa
Véxanse as condicións xerais do programa
Quen foi en realidade María Pita? Unha muller defensora dos seus dereitos ou unha muller na procura da liberdade da súa cidade? Ou talvez é María Pita unha lenda da nosa cidade?
O nome de María Pita escríbese con letras de ouro na historia. A praza máis importante da cidade, unha estatua, unha Casa Museo e o recoñecemento da maior parte da poboación coruñesa, pero... que foi realmente? Un percorrido pola Cidade Vella trasladaranos a coñecer esta muller.
Metodoloxía
A través dun pequeno caderno as/os escolares realizan actividades coa figura de María Pita e a cidade encamiñadas a coñecer o noso patrimonio histórico.
Competencia: cultural - artística
Desenvolvemento
Susana Vara Bilbao
Tel.: 981 184 200 ext. 12047
Fax: 981 184 370
Correo electrónico: educacion@coruna.es
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible