Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A enerxía que move a miña cidade 2020-21

A enerxía, nas súas distintas manifestacións, é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón, gas e petróleo) para obtela. As crises do petróleo, o esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións do seu uso sobre o medio ambiente etc. favoreceron o desenvolvemento das enerxías renovables actuais. Este cambio debe complementarse co aforro e a mellora do rendemento e a eficiencia dos equipos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía e as súas consecuencias ambientais globais e locais
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables
  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución

A quen vai dirixido?:

EP (3.º, 4.º, 5.º e 6.º), ESO (2.º, 3.º e 4.º), BACH (1.º) e EE. Áreas de interese: "Ciencias da natureza" e "Valores sociais e cívicos" en EP; "Física e Química", "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura científica" en ESO, "Tecnoloxía industrial" en BACH

Recursos materiais:

Charla-coloquio apoiada dun audiovisual

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 ata o remate do curso escolar

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Estrutura

  • Charla interactiva: 60 min
  • Taller: 60 min
  • Saídas, conclusións e reflexión: 90 min

Como consecuencia da pandemia Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, S.L.

Correo: educacionambiental@coruna.es

Tel.: 981 903 834

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión