Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A listaxe da compra 2026-27

O alumnado traballará a elaboración de listaxes da compra a partir de supostos prácticos, tendo en conta aspectos como necesidades reais, planificación de menús, prezo dos produtos e datas de caducidade. Fomentarase a reflexión sobre a importancia de planificar a compra para evitar o desperdicio alimentario, promovendo un consumo responsable e organizado.

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Este obradoiro ten como obxectivo que o alumnado adquira habilidades para planificar a compra de forma responsable, desenvolvendo criterios para seleccionar produtos adecuados segundo necesidades, calidade e prezo. Así mesmo, preténdese fomentar hábitos de consumo conscientes e reflexivos, promovendo a organización e a toma de decisións informadas no ámbito do consumo.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EP, ESO, BACH. e FP

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 21/06/2027

Inscricións:

Dende o 15/09/2026 ata o 15/10/2026

Este obradoiro permítelle ao alumnado desenvolver hábitos de organización na planificación da compra alimentaria, favorecendo a adopción dunha alimentación equilibrada e saudable. Contribúe á toma de decisións responsables en relación cos alimentos que se consomen, promovendo a reflexión sobre a importancia de planificar para mellorar a calidade da dieta e evitar o desperdicio alimentario.

Relaciónase directamente cos obxectivos curriculares vinculados á educación para a saúde, os hábitos de vida saudables e o consumo responsable, así como co desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

Ademais, facilita a súa integración como actividade complementaria na programación do centro, ao estar directamente vinculado con contidos curriculares e competencias clave.

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión