Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A ruta da auga na Coruña 2020-21

Dentro da xestión municipal, o abastecemento de auga potable é un servizo principal. A captación, a potabilización, o abastecemento e a depuración final son parte do ciclo artificial imprescindible para o funcionamento da nosa cidade. Implicar a cidadanía no coidado deste recurso natural é fundamental.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Valorar a importancia da auga como un recurso limitado e imprescindible desde o nivel global ata o local
  • Orientar as actitudes de consumo da auga cara a outras que fomenten o seu uso sustentable
  • Coñecer os espazos naturais vinculados á auga na nosa cidade e contorna
  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga na Coruña: desde a súa captación ata a súa devolución depurada ao ciclo natural
  • Coñecer as infraestruturas vinculadas ao servizo municipal de abastecemento e saneamento

A quen vai dirixido?:

EI (5.º, 6.º), EP (de 1.º a 6.º), ESO (3.º e 4.º), BACH e EE. Áreas de interese: "Ciencias da natureza" en EP; "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura científica" en ESO e "Bioloxía e Xeoloxía" en BACH

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 ata a finalización do curso escolar

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Estrutura

  • Charla interactiva: 60 min
  • Taller: 60 min
  • Saídas, conclusións e reflexión: 90 min

Como consecuencia da pandemia Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Correo: educacionambiental@coruna.es

Tel.: 981 903 834

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión