Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiño Real 2020-21

Itinerario: rúa Real - Teatro Rosalía Castro - rúa Rego de Auga - Palacio Municipal

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón.

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte na avenida da Mariña (parada de buses da Estacada)

Final: o transporte recollerá as/os participantes na parada de autobuses do Paseo do Parrote (á altura da Casa Molina).

*No caso de dous grupos realizando de forma simultánea o itinerario, un deles apearase no comezo e o outro grupo na parada final.

*As paradas dos autobuses poderanse modificar en función das obras de peonalización da avenida da Mariña.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Aprender, valorar e conservar o patrimonio histórico artístico da cidade, coñecendo as súas rúas e a súa historia, mediante un traxecto polo antigo camiño real, lugar polo que se accedía á cidade antiga.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de ESO

Cando:

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa

A partir do século XIX o poder da cidade trasládase ao populoso e rico barrio da Pescaría onde os burgueses e comerciantes construían, non só as mellores vivendas, senón tamén os lugares de entretemento adecuados para a sociedade.

O antigo Camiño Real pasa a converterse, non só en lugar de paseo, senón en lugar de residencia e comercio de importantes coruñeses.

Metodoloxía

A través da observación as/os participantes deberán recoñecer diferentes estilos dos edificios da rúa Real, sempre a través da observación directa e a escoita activa descubrirán os diferentes elementos, tanto do exterior como dos edificios interiores, como pode ser o teatro Rosalía Castro.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios

Desenvolvemento

  • Parada 1: rúa Real, as casas de comerciantes e burgueses
  • Parada 2: Teatro Rosalía Castro (visita ao interior), Teatro da Beneficiencia
  • Parada 3: rúa Rego de Auga
  • Parada 4: Palacio Municipal (visita ao interior). Escaleira de honra. Salón de plenos. Despacho de Alcaldía.

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión