Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Camiño Real 2021-22

Itinerario: Rúa Real- Teatro Rosalía de Castro- Cale Rego de Auga- Palacio Municipal.

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón.

Inicio: os participantes apearanse do transporte na Avenida da Mariña (parada de buses da Estacada)

Final: o transporte recollerá aos participantes na parada de autobuses do Paseo do Parrote (altura Casa Molina).

*No caso de dous grupos realizanzo de forma simultánea o itinerario, un deles apearase no inicio e o outro grupo na parada final.

*As paradas dos autobuses poderanse modificar en función das obras de peonalización da Avenida dá Mariña.

Duración: 90 minutos.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

Obxecto:

  • Aprender, valorar e conservar o patrimonio histórico artístico da cidade,coñecendo as súas rúas e a súa historia, mediante un traxecto polo antigo camiño real, lugar polo que se accedía á cidade antiga.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º e 2º de ESO

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

A partir do século XIX o poder da cidade trasládase ao populoso e rico barrio da Pescadería onde os burgueses e comerciantes construían, non só as mellores vivendas, senón tamén os lugares de entretemento adecuados para a sociedade.

O antigo Camiño Real pasa a converterse, non só en lugar de paseo, senón en lugar de residencia e comercio de importantes coruñeses.

Metodoloxía

A través da observación os participantes deberán recoñecer diferentes estilos dos edificios da rúa Real, sempre a través da observación directa e escóitaa activa descubrirán os diferentes elementos, tanto do exterior como dos edificios interiores, como pode ser o teatro Rosalía de Castro.

Competencia: cultural- artística.

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar, as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Rúa Real, as casas de comerciantes e burgueses.
  • Parada 2: Teatro Rosalía de Castro (visita ao interior), Teatro da Beneficiencia
  • Parada 3: Rúa Rego de Auga
  • Parada 4: Palacio Municipal (visita ao interior) Escaleira de honra. Salón de plenos. Despacho de Alcaldía.

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión