Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Visita guiada á Canceira Municipal de Bens. Duración aproximada: 90 minutos.
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Obxecto:
Coñecer as normativas que regulan a tenencia de cans na cidade e facilitan a convivencia destes coa poboación.
Reflexionar sobre a problemática do abandono e malos tratos animal nunha especie moi urbana e historicamente vinculada ao home.
Experimentar as principais pautas de conduta dos cans na súa relación coas persoas.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de ESO, BACH e FP.
Recursos materiais:
Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LDC.
Cando:
Ver condicións xerais do programa.
Inscricións:
Ver condicións xerais do programa.
Contidos
Principais soportes da loita contra o abandono: tenencia responsable, identificación con microchip, cría responsable.
Principais pautas na conduta canina. A expresión das emocións no can.
Normas de conduta, educación e convivencia de humanos e cans no medio urbano e rural.
A adopción de cans abandonados e a compra de individuos de raza definida.
Desenvolvemento da actividade e metodoloxía
O desenvolvemento desta visita e os seus contidos divídese en dous partes:
a) charla e proxección: será protagonizada polo veterinario responsable da canceira e o educador/a responsable da visita. Entre outros temas, veremos nesta parte como funciona a clínica veterinaria e como é o protocolo no centro, desde que se recolle a un animal ata que é devolto ou adoptado.
b) Visita aos caniles: coñecemento da problemática do abandono, e contacto con algúns dos cans recolleitos.
Contacto:
Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible