Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Casas consistoriais ao longo da historia

Itinerario: Igrexa de Santiago - praza de Azcárraga - rúa da Franxa - Igrexa de San Jorge - praza de María Pita

Itinerario Smart: posibilidade de acceder de maneira virtual ao interior do concello a través da páxina web artealdescubierto.coruna.es

Inicio: as persoas participantes apearanse do transporte no paseo do Parrote (altura da praza do Parrote)

Final: o transporte recollerá as e os participantes na parada de autobuses de Porta Real.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

Obxecto:

  • Coñecer diferentes espazos da cidade onde se asentaron as Casas Consistoriais desde a súa primitiva localización no atrio da Igrexa de Santiago ata o seu asentamento definitivo na praza de María Pita.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º e 4.º de ESO

Cando:

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa

Desde o momento no que o rei Alfonso IX lle concede á cidade o foro de Benavente xorde a obriga de realizar un concello varios días á semana. Non sempre os representantes se reunían no mesmo lugar.

As necesidades da poboación, as rivalidades cos membros da Real Audiencia ou as reviravoltas locais obrigaron a cambiar a localización do concello durante séculos ata a súa localización actual, a praza de María Pita.

Metodoloxía

Durante o desenvolvemento do percorrido realízanse diferentes paradas onde se situarán as antigas sedes do Consistorio. O uso de planos permitiranos situar as diferentes sedes, así como coñecer a evolución urbanística da cidade.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Igrexa de Santiago, o inicio do concello
  • Parada 2: praza de Azcárraga, as primeiras Casas Consistoriais
  • Parada 3: Casa Martelo, o traslado á Pescaría
  • Parada 4: Igrexa de San Xurxo
  • Parada 5: praza de María Pita, Palacio Municipal (visita ao interior). Escaleira de honra. Salón de plenos. Despacho de Alcaldía.

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión