Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Visita guiada ao Centro municipal de animais de compañía (Bens). Duración aproximada: 90 minutos.
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Obxecto:
Coñecer as normativas que regulan a tenza de cans na cidade que facilitan a convivencia destes coa poboación.
Reflexionar sobre a problemática do abandono e malos tratos animal nunha especie moi urbana e historicamente vencellada ao home.
Experimentar as principais pautas de conduta dos cans na súa relación coas persoas.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de ESO, BACH e FP.
Recursos materiais:
Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LDC.
Cando:
Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025
Ver condicións xerais do programa.
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Ver condicións xerais do programa.
Contidos
Principais soportes da loita contra o abandono: tenza responsable, identificación con microchip, cría responsable.
Principais pautas na conduta canina. A expresión das emocións no can.
Normas de conduta, educación e convivencia de humanos e cans no medio urbano e rural.
A adopción de cans abandonados e a compra de individuos de raza definida.
Desenvolvemento da actividade e metodoloxía
O desenvolvemento desta visita e os seus contidos divídese en dous partes:
a) Charla e proxección: estará protagonizada polo veterinario responsable da canceira e o educador/a responsable da visita. Entre outros temas, veremos nesta parte como funciona a clínica veterinaria e como é o protocolo no centro, desde que se recolle a un animal ata que é devolto ou adoptado.
b) Visita ás canceiras: coñecemento da problemática do abandono, e contacto con algúns dos cans recolleitos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible