Consideramos prioritario na formación ensinarlle ao alumnado para reflexionar sobre as consecuencias de condutas imprudentes coa finalidade de sensibilizalos sobre a realidade que supoñen os accidentes de tráfico e, deste xeito, que cheguen a asumir compromisos de comportamentos viarios apropiados.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de ESO, BACH e FP.
Computador con proxector e reprodutor de vídeo.
Dende o 15/10/2021 ata o 15/06/2022
Ver condicións xerais do programa.
Xa rematou
Dende o 15/09/2021 ata o 06/10/2021
Inscrición centros
Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"
De 9 a 14h, en función das necesidades dos centros educativos.
Os grupos de idade que abarcan estas dúas etapas educativas, secundaria e formación profesional, comprenden aqueles considerados polas estatísticas como "grupos de risco". Tendo en conta dos aspectos psicolóxicos e características desta idade (etapa de autoafirmación, inestabilidade emocional, exhibicionismo, pouca experiencia na condución de ciclomotores, gran capacidade para asumir riscos sobre todo condicionados por estímulos externos como o grupo de amigos...) nosa intervención vai dirixida a conciencialos na evitación destas condutas de risco. Por iso, centrámonos principalmente na transmisión de valores de prudencia, protección e convivencia desde o respecto á normativa e aos demais.
O noso discurso nestas idades está na liña de relacionar a conduta cívica e a conduta viaria, tal e como o aseveran estudos psicolóxicos. É dicir, quen ten unha conduta cívica en todos os ámbitos da convivencia (no barrio, cos veciños, á hora de respectar as ordenanzas de limpeza, de horarios...), estes estudos refutan que dita conduta correlaciona coa conduta viaria, e por tanto, isto tradúcese nunha redución significativa da sinestralidade neste grupo de poboación. Deste xeito, nas nosas clases de educación viaria tratamos tamén temas como o botellón e a transcendencia que determinadas condutas como as desfeitas no mobiliario público e privado ten con respecto ao resto da poboación.
Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez
Policía Local - Concello da Coruña. Tlfo.: 981184200 Ext.:54006/08
Dirección de correo electrónico: s.castro@coruna.es
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible