Concello da Coruña

Concello da Coruña

Instalacións da AEMet na Coruña 2024-25

Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer os labores que desenvolve a Axencia Española de Meteoroloxía para o estudo da atmosfera.
  • Coñecer que a AEMet desenvolve os servizos meteorolóxicos de competencia do Estado e o apoio das políticas públicas e actividades privadas relacionadas coa meteoroloxía.
  • Coñecer a tarefa que desenvolve a AEMet como contribución á seguridade de persoas e bens e ao benestar e desenvolvemento sostible.
  • Coñecer a AEMet como autoridade meteorolóxica aeronáutica.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO.

Cando:

Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025

Ver condicións xerais do programa.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

O estudo científico da atmosfera. Obtención de datos e análise dos mesmos. Funcións da AEMet. Importancia do coñecemento da atmosfera.

Desenvolvemento da actividade

A actividade desenvólvese nas propias instalacións da AEMet da nosa cidade.

Facemos un percorrido polas instalacións do servizo meteorolóxico onde os participantes poden coñecer o seu Xardín Meteorolóxico ou estar presentes na solta diaria dun globo aerostático de control do tempo atmosférico. Descubrirán ademais as experiencias relacionadas coa atmosfera e o clima que desenvolve o persoal técnico e científico desta sede.

Contacto:

Tel.: 981184315

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión