Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

O mozo Picasso: da casa ao colexio

Itinerario: Casa Museo Picasso - praza de Pontevedra - Instituto Eusebio da Guarda

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón.

Inicio: as/os participantes apearanse do transporte na parada de autobuses da praza de Pontevedra (esquina Teresa Herrera).

Final: o transporte recollerá as persoas participantes na parada de autobuses da praza de Pontevedra (esquina Teresa Herrera).

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Coñecer a vida diaria e os espazos que frecuentaba o mozo Picasso durante a súa estancia na cidade a finais do século XIX, así como as súas habilidades pictóricas nesa curta idade.
  • Descubrir o significado da pomba situada na praza de Pontevedra, e a súa orixe como símbolo da paz.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico e artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3.º e 4.º de EP

Cando:

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa

Hai máis de 120 anos da primeira exposición dun neno de apenas 13 anos que co paso dos anos se convertería no artista máis importante do século XX. Esa primeira exposición realizouse na nosa cidade e ese pequeno artista chamábase Pablo Ruiz Picasso.

Os cinco anos que pasou na nosa cidade son considerados o espertar dun xenio, e as súas obras enchen de comentarios as páxinas dos libros máis importantes da historia da arte.

A vida do pequeno Pablo na cidade foi coma a doutros moitos nenos da época, da casa para o colexio e do colexio para a casa, pero nos seus tempos libres, Pablo aproveitaba para observar e debuxar o que a nosa cidade lle ofrecía.

Metodoloxía

A través dun pequeno caderno, as/os escolares realizan actividades relacionadas coa figura do pintor. Actividades encamiñadas a coñecer a vida deste xenio da pintura e as súas obras pictóricas da época da súa infancia.

Competencia: cultural - artística

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as súas interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Casa Museo Picasso, o seu fogar na cidade (visita ao interior)
  • Parada 2: praza de Pontevedra, o seu lugar de xogos. A pomba da paz, un símbolo mundial.
  • Parada 3: Instituto Eusebio da Guarda, o seu lugar de estudo (visita ao interior). Salón de actos: un espazo decorado para ser visto.

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión