Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Aínda que as competencias básicas non se inclúen como elemento curricular, si se considera que nesta etapa se sentan as bases para o desenvolvemento persoal e social, e que se integran aprendizaxes necesarias para o posterior desenvolvemento das competencias básicas en todo o alumnado. Baixo esta premisa, incentívase principalmente o coñecemento do seu ámbito inmediato, integrando neste a Policía Local como axente social próximo e colaborador.
Servizo municipal:
Policía Local
Tipo de actividade:
Complementaria
Localización do centro:
Só da Coruña
Obxecto:
Coñecer normas básicas como peóns e peoas: cruzar a rúa polos pasos de cebra, non correr pola beirarrúa, mirar antes de cruzar...
Coñecer as normas de seguridade nos coches: importancia do uso adecuado da cadeira de rentención infantil, non molestar as persoas condutoras, baixar sempre polo lado da beirarrúa...
Entender a necesidade do uso do casco na bicicleta.
Relacionar a figura da Policía Local co tráfico.
Achegar a figura da Policía Local como persoa próxima da súa contorna cotiá e, sobre todo, espertar a súa confianza.
Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos
A actividade consiste en:
Presentación e exposición do traballo da Policía Local, buscando a interacción do grupo nunha charla aberta onde poidan preguntar ou contar anécdotas.
Visionado dos vídeos de debuxos animados de educación viaria de "GreenLight" Seguridade viaria. Os axentes de tráfico. Os semáforos de peóns. Ao baixarse dun coche.
Comentarios guiados sobre os vídeos expostos.
Camiño escolar seguro: percorrido polos arredores do centro para levar á práctica o aprendido na aula. Para esta actividade póñenselles chalecos policiais amarelos. Sempre se solicita a colaboración de polo menos dúas persoas adultas. Pretende que os nenos e nenas aprendan non só os coñecementos relativos ao tráfico propios para a súa idade, sempre dunha forma lúdica con materiais audiovisuais, senón que tamén se realiza unha ruta arredor do seu centro para levar á práctica todo o aprendido na aula. Búscase que establezan unha mellor relación co seu ámbito máis próximo, nos seus desprazamentos do día a día e en situacións que poidan considerar como cotiás e reais.
O tempo de duración das actividades é de 2 horas.
Máis información:
Recursos humanos: dúas ou máis persoas adultas para facer o percorrido arredor do centro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible