Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os residuos urbanos na Coruña 2020-21

Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento da contorna ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da súa repercusión sobre esa contorna. O principio de usar "e tirar" é o que impera hoxe en día. Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sustentable son a base da economía circular. No Plan de tratamento de residuos urbanos da Coruña, apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Privado, Público, Concertado

Obxecto:

  • Identificar as claves críticas da xestión sustentable dos residuos: redución, reutilización e reciclaxe.
  • Coñecer o Plan municipal: separación en orixe, recollida selectiva e valorización dos residuos.
  • Diferenciar entre economía lineal e circular.
  • Coñecer a dotación e infraestruturas do Plan de residuos: Planta de Nostián, puntos limpos, colectores, limpeza viaria...

A quen vai dirixido?:

EP (2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º), ESO (de 1.º a 4.º), BAC (2.º) e EE. Áreas de interese: "Ciencias da Natureza" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Economía" en BAC. Colectivos

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 até que finalice o curso escolar

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Estrutura

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Taller- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid-19, son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, atendendo ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Correo: educacionambiental@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión