Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Prazas con poder 2020-21

Itinerario: praza da Constitución - praza de Azcárraga - r/ Damas - praza María Pita 

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual a través desta ligazón

Inicio: un grupo de participantes apearanse do transporte en Porta Real e o resto continúa ata O Parrote.

Final: o transporte recollerá un grupo de participantes no Parrote e logo en Porta Real.

* Cando se trata dun único grupo, a opción é: deixada en Porta Real e recollida no Parrote.

**As paradas dos autobuses poderanse modificar en función das obras de peonalización da avenida da Mariña.

Duración: 90 minutos

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Relacionar diferentes épocas históricas a través das prazas públicas que constituían o punto central na vida diaria das persoas habitantes da cidade, mostrando os espazos que son e foron de grande importancia para o desenvolvemento da cidade.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de EP

Cando:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Inscricións:

Véxanse as condicións xerais do programa.

Durante boa parte da historia, as prazas da cidade vella coruñesa foron testemuñas de innumerables acontecementos históricos.

Desde a construción das primeiras casas reais e a primitiva sede do concello ata o edificio onde se almacenaba a fariña, pasando polo lugar onde se realizaban os mercados mensuais.

Co paso dos séculos o poder trasladaríase a outra zona da cidade e a Cidade Vella quedaría no recordo.

Metodoloxía

A través de actividades encamiñadas a reforzar a observación e discriminación de diferentes espazos da cidade, así como de coñecer diferentes elementos peculiares das prazas polas que transcorre o percorrido.

Competencia: cultural-artística

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: praza da Constitución, Palacio de Capitanía (visita ao interior)
  • Parada 2: praza de Azcárraga: de praza comercial a praza de paseo. Simboloxía da Fonte do Desexo.
  • Parada 3: praza de María Pita : 100 anos de construción. Pazo Municipal (visita ao interior). Escaleira de honra. Salón de plenos. Despacho de Alcaldía.

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel.: 981 184 200 ext. 12047

Fax: 981 184 370

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión