Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rodando pola cidade de cristal 2025-26

Dende a Sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, seguindo as lineas marcadas pola Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sostible establecidos pola ONU, estamos a traballar dous obxectivos educativos: a seguridade viaria e a mobilidade sostible, dous contidos inseparables.

Este é o enfoque que teñen os países con menor accidentalidade na estrada e maior calidade ambiental.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Aprender a moverse pola Coruña en bicicleta, iniciando os nenos e as nenas a partir dos 10 anos e convidando a aqueles pais e nais ou outros familiares que nos queiran e poidan acompañar.
  • Relacionar unha actividade de educación viaria con contidos do currículo escolar.
  • Motivar as novas xeracións de coruñeses e coruñesas a valorar a nosa contorna e ser máis coidadosos coa nosa cidade e co medio.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º a 6.º de EP, ESO e BACH

Recursos materiais:

  • Proxector e reprodutor de vídeo
  • Ximnasio do centro educativo

Cando:

Dende o 20/10/2025 ata o 19/06/2026

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Tempo de duración das actividades:

  • 1.ª sesión "As estacións da bicicleta": 1h 30'.
  • 2.ª sesión "Saída temática en bicicleta": unha mañá.

A mobilidade ten sen dúbida un valor positivo, pero tamén ten unha carga negativa: os accidentes de tráfico e a contaminación; esta última provoca máis de 16.000 mortes prematuras ao ano. As Policías Locais estamos especialmente sensibilizadas con estes problemas e levamos máis de 30 anos dedicando esforzos a educar a escolares de diferentes idades, cunha visión da Educación Viaria integral, inicial e permanente.

Coa intención de que A Coruña se converta nunha cidade máis amable co medio, máis segura e máis saudable, ofertamos esta actividade en bicicleta que ten ademais o obxectivo de mesturar a educación viaria e os contidos escolares.

Actividades

As actividades están organizadas en 2 sesións:

1.ª sesión: As estacións da bicicleta.

No ximnasio do centro organízanse tres talleres polos que vai rotando o alumnado.

  • Estación de seguridade viaria: charla impartida por ciclistas da Policía Local
  • Estación de ergonomía: impartido por Escola da Bici
  • Estación de mecánica: impartido por persoal técnico de BiciCoruña

2.ª sesión: Saídas en bicicleta

As saídas en bicicleta teñen como obxectivo dar a coñecer lugares emblemáticos da cidade e compartir anacos da historia da nosa cidade mentres visitamos puntos de interese escolar como o Castelo de San Antón, o Paseo Marítimo, o Dique de Abrigo, a Escola de Belas Artes ou o Parque Escultórico da Torre de Hércules, entre outros.

Documentos:

Rodando pola cidade de cristal (888 KB)

Contacto:

Servizo Municipal de Policía Local

Oficial Coordinador Sección de Educación Viaria

Tel.: 981 184 200 Ext.: 54006

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión