Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás bibliotecas. Descubrir os xogos de mesa

Visita á biblioteca municipal de referencia para que o alumnado de 6.º de educación primaria coñeza os servizos relacionados cos xogos de mesa.

Servizo municipal:

Bibliotecas

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

O principal obxectivo é que os nenos e as nenas coñezan e utilicen o servizo de xogos nas bibliotecas municipais: variedade da oferta, préstamo, tempos de xogo na biblioteca etc. e, ademais:

  • Formar en habilidades para o uso da biblioteca, adquirir coñecemento sobre os distintos servizos, as normas de uso, a colección etc.
  • Favorecer a práctica do xogo para crear comunidade, fomentar o diálogo e as interaccións entre as persoas e mostrar a biblioteca como un espazo máis interactivo e participativo.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 6.º curso de educación primaria dos centros educativos do municipio

Cando:

Dende o 11/01/2027 ata o 28/05/2027

Inscricións:

Dende o 15/10/2026 ata o 15/11/2026

Inscrición dos centros: Ficha de solicitude

Duración das visitas

Como norma xeral, a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas.

Bibliotecas onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán a actividade son:

Condicións do programa

  • Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación. Estes contactos serán entre a/o bibliotecaria/o municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia acompañar o alumnado á visita. Se despois de asignada a visita se producise algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberallo comunicar á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá contactar co seu bibliotecario ou bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.
  • Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa, o profesorado deberá cubrir unha enquisa ao finalizar a visita.
  • As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a Biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios:
    • Dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria.
    • Buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda.
    • Satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) e dos dous programas de visitas dispoñibles dunha maneira equilibrada.
  • As visitas asignaranse á Biblioteca de referencia.
  • Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas:
    • Elena Pernas Lázaro
    • e.pernas@coruna.es
    • Tlf.: 981 184 384
  • Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.
  • O transporte, se fose necesario, correrá por conta do centro educativo.

Bibliotecas de referencia para cada centro escolar

CENTROS ESCOLARES DE INFANTIL E PRIMARIA BIBLIOTECA DE REFERENCIA
CEE María Mariño Ágora
CEE N.ª S.ª do Rosario Ágora
CEEPR ASPANAES Ágora
CEEPR N.ª S.ª de Lourdes- ASPRONAGA Ágora
CEIP María Barbeito Ágora
CEIP Raquel Camacho Ágora
CEIP San Pedro de Visma Ágora
CPR Cid Ágora
CPR Obradoiro Ágora
CEIP Alborada O Castrillón
CEIP Anxo da Garda O Castrillón
CEIP Juan Fernández Latorre O Castrillón
CEIP Manuel Murguía O Castrillón
CEIP María Pita O Castrillón
CEIP Ramón de la Sagra O Castrillón
CPR Internacional Eirís O Castrillón
CPR Liceo La Paz O Castrillón
CEIP Eusebio da Guarda Durán Loriga
CEIP Labaca Durán Loriga
CPR Andaina Durán Loriga
CPR Compañía de María Durán Loriga
CPR Fogar de Santa Margarita Durán Loriga
CPR Marista Cristo Rey Durán Loriga
CPR Santo Domingo Durán Loriga
CEIP Concepción Arenal Fórum
CEIP Sal Lence Fórum
CEIP Salgado Torres Fórum
CEIP San Francisco Xabier Fórum
CPR Hijas de Jesús Fórum
CPR Montegrande Fórum
CPR Rías Altas Fórum
CPR Santa María do Mar Fórum
CPREX Coruña British School Fórum
CEIP Cidade Vella Monte Alto
CEIP Curros Enríquez Monte Alto
CEIP Torre de Hércules Monte Alto
CEIP Víctor López Seoane Monte Alto
CEIP Zalaeta Monte Alto
CPR Grande Obra de Atocha Monte Alto
CPR Salesianos San Juan Bosco Monte Alto
CEIP Prácticas-Aneja Os Rosales
CEIP Emilia Pardo Bazán Os Rosales
CEIP Novo Mesoiro Os Rosales
CPR Calasancias Os Rosales
CPR Calasanz PP Escolapios Os Rosales
CPR Esclavas del Sagrado Corazón Os Rosales
CPR Sagrado Corazón - Franciscanas Os Rosales
CEIP José Cornide Saavedra Sagrada Familia
CEIP Rosalía de Castro Sagrad Familia
CEIP Sagrada Familia Sagrada Familia
CEIP Wenceslao Fernández Flórez Sagrada Familia
CPR Franciscanos Sagrada Familia
CPR Karbo Sagrada Familia
CPR Peñarredonda Sagrada Familia

Contacto:

Servizo Municipal de Bibliotecas

Elena Pernas Lázaro

e.pernas@coruna.gal

Tel.: 981 184 384

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión