Concello da Coruña

Concello da Coruña

A outra veciñanza 2023-24

Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenza responsable dos animais domésticos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

ESO, BACH e FP.

Áreas de interese: "Valores éticos" en ESO.

Obxecto:

  • Coñecer os deberes, compromisos e satisfaccións da tenza responsable de especies de compaña
  • Analizar problemas que os animais de compaña poden causar na convivencia cidadá e a forma de prevelos
  • Informar da existencia e funcionamento do Servizo Municipal de Recollida e Adopción de Animais
  • Identificar a variedade de especies animais de compaña dispoñibles no mercado e as súas implicacións na conservación da biodiversidade
  • Valorar os outros habitantes silvestres da nosa cidade e as implicacións na biodiversidade e a xestión municipal.

A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenza, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

Estrutura

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Obradoiro- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia da Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc que poidamos visitar na saída educativa

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 21/06/2024

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.gal

981903834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión