Concello da Coruña

Concello da Coruña

A outra veciñanza 2025-26

Programa de educación ambiental dirixido a coñecer os distintos tipos de animais da nosa cidade e fomentar unha tenencia responsable dos animais domésticos.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP dos centros da cidade.

Obxecto:

  • Coñecer os deberes, compromisos e satisfaccións da tenencia responsable de especies de compañía.
  • Analizar problemas que os animais de compañía poden causar na convivencia cidadá e a forma de prevelos.
  • Informar da existencia e funcionamento do Servizo Municipal de Recollida e Adopción de Animais.
  • Identificar a variedade de especies animais de compañía dispoñibles no mercado e as súas implicacións na conservación da biodiversidade.
  • Valorar os outros habitantes silvestres da nosa cidade e as implicacións na biodiversidade e a xestión municipal.

A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Por mor diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

Estrutura

Cada módulo responde as necesidades do seu nivel educativo:

Módulo 1: A tenencia responsable de animais de compañía (ESO, BACH e FP)

  • Charla interactiva (1 hora): A tenencia responsable de animais de compañía.
  • Taller (1 hora): Plan de acción local: campaña de convivencia.
  • Saídas, conclusións e reflexión (2 horas): Visita ao CMAC (Centro municipal de animais de compañía).

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 19/06/2026

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 16/10/2025

Ficha de solicitude

Contacto:

Servizo Municipal de Medio Ambiente

Tel.: 981 184 315

educacionambiental@coruna.gal

Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.

Tel.: 981 903 834

Máis información:

Os programas e as actividades asociadas poderían sufrir modificacións para o curso 2025-2026.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión