O servizo municipal de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.
Só da Coruña
Juventud
Outras
Público, Concertado
Crear unha rede de pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, que conectan os Espazos de Información Xuvenil do Concello coa mocidade ao achegarse aos centros de educativos a través dun programa de difusión "de información entre iguais".
O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.
Participan neste programa de dinamización e difusión da información IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, entre outros.
Estes pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, conectan os Espazos de Información Xuvenil do concello coa mocidade ao achegarse aos centros educativos a través dun programa de difusión "da información entre iguais".
Cada Antena de Información comprende:
- Un espazo físico no centro desde no que se difundirá información de interese xuvenil proporcionada semanalmente polos Espazos Municipais de Información Xuvenil do Concello da Coruña.
- Canles dixitais de interese xuvenil
- E, o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas, as antenas
TEÑO ǪUE PRESENTAR UNHA PROPOSTA?
Unha das ferramentas para valorar as solicitudes presentadas e ver como podería ser o primeiro enfoque de cada posible Antena é o proxecto que acompaña á solicitude.
Este tería que incluír os seguintes puntos:
1) Presentación de quen presenta (nome/s e curso, gustos e intereses, participación noutros proxectos do centro)
2)Expectativas e intereses respecto ao programa Antenas de Información Xuvenil .
3)Ideas e propostas de como dinamizar a información no teu centro.
4) A adecuación ao centro, a orixinalidade e viabilidade do proxecto.
Dende o 02/10/2023 ata o 31/05/2024
A convocatoria para o curso académico 2024/2025 publicarase na web dos Espazos de Información Xuvenil: www.coruna.gal/informacionxuvenil . Nesta web tamén se pode acceder ao formulario da solicitude e á información sobre o programa.
As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación requirida, a través do correo electrónico cmix@coruna.gal no prazo habilitado para a recepción de solicitudes.
Xa rematou
Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Espazos Municipais de Información Xuvenil
www.coruna.gal/informacionxuvenil
Whatsap/telegram 606362366
-----------------
Información Xuvenil Fórum
Rúa río Monelos, 1
Tel: 981184294
Información Xuvenil Ágora
Lugar Gramela, 17
Tel: 981189888
...............................
Información Xuvenil- Espazo Xuvenil Metrosidero
Avda. Metrosidero s/n- Naves do Metrosidero.
Tel: 981184200 - ext. 88038
Área de Benestar Social.
Servizo Municipal de Mocidade
xuventude@coruna.gal | 981184200 Ext 45129
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible