Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio escolar primaria 2020-2021

Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación primaria, con dificultades de aprendizaxe e/ou desvantaxe educativa que lle será indicada ao SME.

O obradoiro para a intervención nas dificultades da linguaxe e a escritura é unha actividade para previr, reducir e readaptar as dificultades no ámbito da linguaxe expresiva-cognitiva, a fala e a lecto-escritura que poidan presentar os nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos.

Horario:

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. LECTOESCRITURA-

C. CÍVICO

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Rosales

17:30-19:30

Castrillón

18.30 - 20.30

San Diego

16.30 - 18.30

Mesoiro

18.00 - 20.00

Elviña

16:00-18:00

Mallos

16.15 - 18.15

Novoboandanza

16:00 - 18:00

Labañou

16:00 - 18:00

Artesáns

16:00-18:00

Montealto

18.00 - 20.00

Monelos

16.00 - 18.00

Cidade Vella

16:30- 18:30

Prezo / Custo:

Gratuíta

Obxecto:

  • Aumentar a motivación no proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades e técnicas de estudo necesarias.
  • Favorecer a igualdade de oportunidades, proporcionar os recursos pedagóxicos e habilidades que favorezan o rendemento escolar do alumnado.
  • Reducir as taxas de fracaso e abandono temperán do sistema educativo; así como combater o absentismo escolar e mellorar a convivencia no ámbito educativo.
  • Implicar as familias na educación do alumnado e nos procesos de aprendizaxe de ensino.
  • Promover a normalización e a integración social e cultural.

O taller impártese en 12 centros cívicos da cidade e asisten 84 persnoas. Trátase dun total de 21 talleres a realizar un día á semana cunha duración de dúas horas por sesión.

Condicións do programa:

Os grupos terán un máximo de 10 participantes (incluíndo docente).

-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.

-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver

Cando:

Dende o 05/10/2020 ata o 31/05/2021

As datas de realización poden sufrir modificacións por motivos organizativos.

APLICARANSE OS PROTOCOLOS COVID DE RECEPCIÓN DO ALUMNADO E DE LIMPEZA.

Xa rematou

Inscricións:

Inscricións do centro:

Cómpre remitir unha solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como polo persoal técnico de Servizos Sociais. Propiciarase a coordinación entre ambos sempre que sexa posible.

Inscricións do alumnado:

Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada no SME quen realizará a inscrición oportuna na actividade, informará e coordinarase coas persoas profesionais implicadas.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200, ext. 12039

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión