Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio escolar secundaria 2020-21

Programa educativo municipal de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2020/2021

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de Educación Secundaria, con dificultades de motivación, comprensión e aprendizaxe no ámbito das ciencias de entre 12 e 16 anos matriculado en centros educativos da Coruña. Será derivado ao SME.

Horario:

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA-CIENCIAS-

CENTRO CÍVICO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

CIENCIAS - Castrillón

18:30- 20:00

18:30- 20:00

18:30- 20:00

18:30- 20:00

CIENCIAS - Elviña

16:30 - 18:00

16:30 - 18:00

Monte Alto

17:00-18:30

16:00-17:30

CIENCIAS - Eirís

16:30 - 18:00

16:30 - 18:00

Prezo / Custo:

Gratuíta

Obxecto:

  • Aumentar a motivación no proceso de aprendizaxe e o desenvolvemento das habilidades e técnicas de estudo necesarias
  • Favorecer a igualdade de oportunidades, proporcionar os recursos pedagóxicos e habilidades que favorezan o rendemento escolar do/a alumno/a
  • Reducir as taxas de fracaso e abandono temperán do sistema educativo; así como combater o absentismo escolar e mellorar a convivencia no ámbito educativo
  • Implicar as familias na educación do alumnado, nos procesos de aprendizaxe de ensino
  • Promover a normalización e a integración social e cultural
  • Fomentar a atención, a memoria, a comprensión e o razoamento
  • Favorecer a adquisición de hábitos de estudo

O taller impártese en 4 centros cívicos da cidade e asisten 19 persoas. Trátase dun total de 5 talleres a realizar un día á semana cunha duración de hora e media por sesión.

Condicións do programa:

-Os grupos terán un máximo de 10 participantes (incluíndo docente).

-A partir de grupos de máis de 5 persoas, o servizo será prestado por dous docentes nos espazos asignados polo centro cívico correspondente.

-As actividades deberán adaptarse ás necesidades concretas do alumnado participante, con indicadores que permitan avaliar as accións que se van a desenvolver

Cando:

As datas de realización poden sufrir cambios por motivos organizativos.

Aplicaranse os protocolos de recepción do alumnado e de limpeza COVID-19.

Inscricións:

Inscricións do centro:

Mediante a solicitude específica de derivación, que será enviada ao Servizo Municipal de Educación (SME); tanto desde o centro educativo como, de ser o caso, polo persoal técnico de Servizos Sociais.

Inscricións do alumnado:

Desde os centros educativos e os centros cívicos, sempre que conten con prazas suficientes, será a persoa encargada desde o SME quen realizará a inscrición oportuna á actividade, informará e coordinarase cos/as profesionais implicados/as.

Contacto:

Servizo municipal de Educación

Teresa Delgado López

Tel.: 981 184 200 ext. 12039

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión